Benvidos!

Paz e ben!

Dámosche a benvida á páxina web do Centro Cultural-Social Xoán XXIII, con sede en Santiago de Compostela.

Desde hai varias décadas levamos adiante varios proxectos de acción social que tratan de apoiar ás persoas e colectivos da nosa contorna que sofren calquera clase de carencia, cunha especial incidencia no referido á pobreza material, sen descoñecer o valor inalienable da dignidade humana en calquera situación.

A través desta xanela virtual poderás coñecernos máis, seguir e ata colaborar no noso labor, que se fai realidade grazas á colaboración de entidades e persoas, como ti, que suman para facilitar este esforzo por construír unha cultura do respecto e a solidariedade.

A nosa actividade pode levarse a cabo grazas a entidades que nos apoian e subvencionan: A Fraternidade Franciscana, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.

A outra clave fundamental sodes vós. Empresas, particulares, peregrinos, que co só ánimo de axudar e de ser parte implicada na mellora das persoas polas que traballamos, axudádesnos coa vosa xenerosidade convertida en doazóns que axudan a que todo siga funcionando.

Sen eles e sen a vosa xenerosidade, nada disto sería posible. Grazas por seguir apoiándonos!

Subscribite noso blog

 

e recibe as nosas novas no seu correo electrónico

Noso blog

Axenda

Coñece a programación das nosas actividades.

Comparte e participa!

Blog

Podes subscribirte para recibir as nosas novas e novas no teu correo.

Campamentos

Coñeza as actividades ao aire libre que organizamos.

Doazóns

Descubra como pode axudar

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black Twitter Icon