Centro C-S Juan XXIII

26 de may de 20171 min.

Mercadillo solidario da Asociación Sentinelas

Este Sábado 27 de Maio a Asociación Sentinelas celebrará un mercadillo solidario para recadar fondos que lles permitan continuar o seu labor de apoio ás nais. Tamén é unha motivación para aproveitar os bens que teñen unha segunda posibilidade de uso: libros, pezas de roupa, complementos, bixutería, e calquera cousa que poida ter unha nova vida en mans doutras persoas.

Un día de desfrute para axudar e atopar moitas cousas curiosas!

Esperámosvos o sábado 27 de maio no claustro do Convento de San Francisco de Santiago.

    20
    0