Mónica

20 de sep de 20201 min.

Xeira 20/21

Ola a tod@s! Como cada curso o Grupo Scout Tau está a piques de comezar unha nova xeira chea de sorpresas, emoción e sobre todo diversión, por isto queremos convidarvos a tódolos cativos e cativas maiores de 7 anos a que participedes nas nosas actividades.

Se tedes curiosidade por ver o que facemos deixamos por aquí un pequeno vídeo realizado pola comunidade Rota Quimera para que vexades o ben que o pasamos!

(Ao final do vídeo hai un pequeno erro, é no Centro Socio-Cultural Xoán XXIII)

Tes algunha dúbida ou pregunta? Ponte en contacto connosco a través deste pequeno formulario

Daremos comezo a esta nova Xeira o vindeiro 3 de outubro ás 11hs no Centro Socio-Cultural Xoán XXIII, esperamos vervos a tod@s!!

    70
    0