Lingua castelá
-
Curso intensivo - 100 horas
-
Modalidade taller con acceso a aula virtual privada
-
Con certificado oficial
-
Formación gratuíta, só abonas as taxas (10€)
-
Podes solicitar bolsa completa
-
Cursado: horario a confirmar
INSCRICIÓN:
De luns a xoves de 10:00 a 12:30 horas no Departamento Social do noso centro.
Podes chamar ao: 981 581 952 (pregunta por María José)
Pasos para acceder ao curso
Pasos obrigatorios para realizar calquera dos nosos cursos:
1. Inscribirche (pode ser en liña ou en persoa)
2. Entrevista en persoa coa nosa Integradora social
3. Reserva de praza (pago de taxas €10)
Unha vez que os 3 pasos estean completos, poderás comezar na data indicada para cada curso.
Realizar a preinscrición a un curso non garante a súa impartición. A decisión final sobre a apertura do curso tomarase considerando a demanda dos estudantes e outros factores organizativos, como a dispoñibilidade de docentes e recursos. Recoméndase estar atentos ás notificacións do centro para coñecer o estado da súa preinscrición e a confirmación dos cursos.
Este é curso está orientado a persoas que proveñen de Latinoamérica (Venezuela, Colombia, Perú, Bolivia, Guatemala, Cuba, etc.) e persoas de orígen marroquí que desexen mellorar o seu coñecemento da lingua castelá.
Obxectivos do curso:
-
Falar correctamente a lingua castelá.
-
Perfeccionar o uso da lingua castelá.
-
Mellorar a adaptación a España desde a lingua castelá.
-
Mellorar a adaptación á sociedade galega e española
Temas do curso:
Contidos lingua castelá
-
Encher formularios sinxelos (español e galego).
-
Na cidade: direccións, lugares de interese.
-
Dirixirse a outras persoas. Formas de tratamento e cortesía.
-
Chamadas de teléfono.
-
Asinar e Comprender documentos no banco ou na oficina de correos.
-
Comprender instrucións.
-
Expresións Idiomáticas específicas de España.
-
Practicar Vocabulario Administrativo. Prácticas de Declaración Xurada, documentos oficiais.
-
Como escribir e responder un correo electrónico.
-
Prácticas de Comprensión Lectora. Prácticas de Destrezas de Escritura.
-
Repaso de Ortografía / Resolución de Dúbidas.
-
Diferenzas de significado entre léxico de España e outros países.
Contidos culturais
-
Estereotipos sobre España.
-
Os horarios en España.
-
A comida española. A comida galega.
-
Os Festivos e Celebracións en España / Galicia.
-
O Sistema Político en España. As Comunidades Autónomas. España dentro da Unión Europea.
-
España, un país de Emigrantes. España, un país de inmigrantes.