top of page
Writer's pictureCatequesis San Francisco

Abre a inscrición para Monitor/a de Tempo Libre

Atópase aberta a inscrición para a titulación de Monitor de Tempo Libre na nosa Escola de Tempo Libre Ana Mogas.


Podes realizar a túa inscrición aquí:



O curso consta de dúas fases: Fase teórico-práctica: 200 horas, PRESENCIAL, máximo de faltas permitidas 40 horas.

Fase de prácticas: 150 horas en actividades periódicas, ou 14 días en actividades intensivas.


O curso de primeiro nivel celebrarase coa mesma modalidade dos últimos anos, é dicir, unha fase intensiva, en réxime de campamento que terá lugar do 22 de xullo ao 2 de agosto nas instalacións do Convento Franciscano Herbón-Padrón de Coruña.


DATAS da fase TEÓRICO-PRÁCTICA: Intensivo, en Herbón (Padrón): 22 de xullo ao 2 de agosto (total 120 horas) ​

• Santiago: 16 e 17 setembro (20 horas)

• Santiago: 14 e 15 de outubro (20 horas)

• Santiago: 11 e 12 de novembro (20 horas)​

• Santiago: 16 e 17 de decembro (20 horas)


Esperámosche!

bottom of page