top of page
Writer's pictureCatequesis San Francisco

Curso "Cociña Avanzada" 2019

Arranca o próximo 11 de marzo a continuación do curso de Cociña Básica, o curso de Cociña Avanzada 2019 no que ata o día 25 de Abrily cunha duración de 120 horas e a través de diferentes módulos 15 alumnos perfeccionarán as súas técnicas e seguirán avanzando dentro dos coñecementos do ámbito da cociña con contidos teórico prácticos.

Coñecementos de hixiene e seguridade alimentaria, o uso das materias primas principais, carnes, vexetais, especias, peces e mariscos, ovos, e os seus principais métodos de cociñado. Así como un módulo de repostería, pastelería e pan. Para culminar cunha inserción nas principais receitas da cociña española e galega.

Dita formación vai impartida dentro dos itinerarios de inserción socio-laboral subvencionados pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.



1 view

Comments


bottom of page