Desde o 21 de setembro e ata o próximo 11 de novembro e cunha duración de 120 horas, arrincará para 10 alumnos o Curso de Xardinería e Poda.
Un curso con moito contido práctico e do que sairás preparado para ofrecer o teu perfil laboral en empresas do sector.
Aprenderás conceptos básicos de xardinería e de poda así como os equipamentos basee dos invernadoiros e o funcionamento neles.
Realizaranse as prácticas directamente no xardín o que permite levar a cabo un traballo similar ao que se realiza dentro dunha experiencia laboral.
Unha oportunidade de inserción no ámbito laboral que non debedes desaproveitar dentro dos itinerarios de inserción socio-laboral subvencionados pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.
IMPORTANTE: Toda formación cumpre coa normativa de prevención do COVID-19:
-Ventilación nas aulas.
-Toma de temperatura previa a docente e alumnos.
-Desinfección previa e posterior á clase.
- Hidrogel, máscaras e luvas ao dispor dos alumnos.
-A maioría da formación desenvólvese en exterior o que minimiza aínda máis os riscos.
Comentarios