Cústache crear presentacións atractivas e efectivas? Queres aprender a usar as ferramentas dixitais para comunicar as túas ideas de forma profesional? Se é así, este curso de alfabetización dixital é para ti.
Neste curso aprenderás:
Os fundamentos da creación de presentacións.
Uso básico de PowerPoint e Presentacións de Google
A incorporar imaxes, vídeos e outros elementos multimedia.
A aplicar técnicas de deseño para mellorar a estética das túas presentacións.
Uso das nubes dixitais (Drive), datos privados e públicos, redes sociais
Uso inicial das ferramentas de Google Workshop: Drive, Gmail etc.
Últimas novidades en ciberseguridade
Ademais:
Clases prácticas e dinámicas
Acceso a un computador por estudante
Todas as medidas de hixiene
Curso gratuíto (só abonas as taxas)
A quen vai dirixido?
Persoas que non tiveron a oportunidade de formarse en competencias dixitais.
Persoas que necesitan actualizarse no uso de ferramentas dixitais.
Persoas en proceso de exclusión social ou con dificultades de acceso ao mercado laboral.
Persoas que desexan mellorar as súas habilidades de presentación.
Estudantes que necesitan aprender a crear presentacións para os seus traballos académicos.
Profesionais que queren comunicar as súas ideas de forma máis efectiva no traballo.
Cando e onde?
Inicio: luns 8 de abril
Horario: de luns a venres de 9:30 a 13:30h
Duración: 60 horas (3 semanas)
Como inscribirche?
De luns a xoves de 10 a 12:30h no Departamento Social
Teléfono: 981 581 952 (preguntar por María José)
Inscrición in liña: Fai click aquí
Non te perdas esta oportunidade!
Prazas limitadas.
Reserva o teu lugar hoxe mesmo!
Comments