O xogador do Monbus Obradoiro, Albert Sàbat, realizou este martes pola mañá a entrega dos 550 quilos de produtos non perecedoiros no Albergue Xoán XXIII colleitados a través da promoción do Partido Solidario, celebrado contra o MoraBanc Andorra o pasado 30 de decembro.
Esta cantidade de alimentos e produtos de hixiene doados por Gadis correspóndense coa cantidade de tickets de compra que os afeccionados entregaron nas oficinas do club para beneficiarse dunha promoción para poder comprar entradas para o Partido Solidario a un prezo especial por colaborar na causa. Nesta ocasión, a solidariedade da afección superouse conseguindo colleitar 50 quilos máis que no Partido Solidario da pasada tempada.
Joaquín Pulleiro, responsable do Albergue Xoán XXIII, deu as grazas:
“a todos os que puxeron o seu granito de area e que nos posibilita poder axudar a toda esta xente. É importante ser solidarios e acordarse de toda a xente que sofre. Somos todos humanos e cando alguén sofre, faio a propia humanidade. Poder vivir esta solidariedade é un signo dunha sociedade que vive e é sa”.
Pulleiro finalizou resaltando que...
“o máis importante é que sintamos solidarios. ‘Solidariedade’ é unha palabra moi bonita pero que é moi difícil levar á práctica. Por iso estaremos eternamente agradecidos a Gadis, por facer de intermediario e traernos estes alimentos, e ao Monbus Obradoiro que está todos os anos axudándonos”.
Óscar Rodríguez, conselleiro do Monbus Obradoiro, explicou que desde o club “estamos encantados de facer de intermediarios. Os auténticos protagonistas son a xente que o necesita e as persoas que contribuíron con este acto solidario. Nós simplemente queremos agradecer a todos a súa colaboración e estaremos sempre a disposición do Albergue”.
Pola súa banda, Román Roo, Delegado da área en Santiago de Gadisa,
“estamos moi honrados de colaborar co Monbus Obradoiro de novo neste acto solidario co Albergue Xoán XXIII. Este acto enmárcase entre os diversos actos do noso departamento de Responsabilidade Social Corporativa, onde participamos en multitude de accións, que nos permite devolver á sociedade parte do que ela nos dá”.
Por último, o xogador obradoirista, Albert Sàbat, confesou que,
“tanto o ‘Obra’ como Gadis estamos comprometidos coa causa e para nós é un pracer poder axudar á xente. Con esta recollida viuse a solidariedade da nosa afección, que sempre tenta axudar e está comprometida, non só co equipo, senón tamén coas causas solidarias”
Novas orixinais: Piratas del Basket