top of page

Inscricións abertas! Campamento dos Scouts Tau

Atópanse abertas as inscricións ao noso campamento de verán!


Un ano máis preparámonos para o campamento de verán.


O campamento desenvolverase nas instalacións da Fundación o noso Lar, en Furela (Lugo), na provincia de Lugo, do 9 ao 16 de xullo (ambos inclusive) todos xuntos, cun prezo variable en función de se o neno está censado no grupo, que neste caso o custo da actividade será de 100€; mentres que se o neno non está censado no grupo, o custo da actividade será de 125€.


Os nenos e nenas durmirán en tendas de campaña.



Data: 19 ao 16 de xullo


Coma sempre, lembrámosvos que non queremos que os cartos sexan un problema para que as vosas fillas e fillos participen no campamento, polo que si existisen dificultades para pagalo, por favor poñédevos en contacto con nós o antes posible.


Esperámosvos a todos e vémonos alí! Un saúdo coa zurda!


 

Dende o kraal do Grupo Scout TAU deseñamos uns polares térmicos, perfectos para cualquera ocasión. Os polares son sinxelos, cun bordado de 3 tendas de campaña coa frase “DE CAMPAMENTO”.

O seu prezo é de 25€ e os beneficios serán destinados ao campamento de verán do noso grupo. Se queredes comprar un xa podedes reservalo por mensaxe directo📩. Temos tallas dende a XS ata a 4XL.

Non quededes sen reservar o voso!⚜️🏕️

⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜⚜

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2022, xestionado pola Consellería de Política Social.



1 view0 comments

Comments


bottom of page