Atópanse abertas as inscricións para o curso de alfabetización dixital (A) actualizado. Esta edición contará como extra, con todos os avances e actualizacións de ciberseguridade.
Os nosos cupos son limitados... non te quedes fóra. Aproveita a oportunidade das bolsas que ofrecemos para realizar esta formación de forma gratuíta.
Comeza o luns 3 de xuño o curso de Alfabetización Dixital "A". Ditarase de luns a venres de 9:30 a 13:30h, con data de finalización o 21 de xuño.
Inscricións: de luns a xoves de 10 a 12:30h no Departamento Social do noso centro. Tamén podes chamar ao: 981 581 952 (pregunta pola nosa Integradora Social, María José).
Podes inscribirte aquí (online), logo confirmarás tu praza ao realizar a entrevista coa nosa Integradora Social e aboar as taxas (10€).
Este curso está orientado a toda persoa que desexe formarse no uso de competencias dixitais, despexar dúbidas comúns, comunicación dixital e manexo de programas e apps de uso diario que pertencen a Microsoft Office e a Google Workspace, usando un ordenador, móbil ou tablet.
Comezamos no nivel en que te encontres, é dicir, tanto para persoas que non tiveron a oportunidade de formarse nos seguintes temas como as que necesiten actualizarse:
Uso inicial de Word e Documentos.
Uso das nubes dixitais, datos privados e públicos, redes sociais.
Uso e actualización de tu Conta de Google
Uso inicial das xeramentas de Google Workshop: Drive, Gmail, etc.
Incluíremos as últimas novidades en ciberseguridade.
As clases serán de tipo obradoiro, é dicir práctico e con usos para cada día.
Serán 60hs de cursado, de luns a venres, 4hs por día, de 9:30 a 13:30hs.
Este curso forma parte dos 4 cursos que ofrecemos en Alfabetización Dixital. Se completas exitosamente os 4 cursos no prazo dun ano, obterás en adición aos certificados individuais, unha certificación extra que establece que contas con 240hs de formación.
Respectaranse tódalas medidas de hixiene e cada estudiante terá acceso ó seu propio ordenador.
A principal finalidade desta formación, ademais de ampliar os seus coñecementos, é facilitar a integración socio-laboral a estas persoas en proceso de exclusión ou con fortes dificultades de acceso ao mercado laboral ou que se atopan en precariedade laboral, a través dunha intervención integral de emprego e complementaria con outros recursos de apoio social.
Comments