Tras a situación vivida o Centro Cultural Social Xoán XXIII arrinca de novo as súas ofertas formativas con todas as garantías para evitar contagios e preservar aos seus alumnos do COVID-19.
Por esta causa as formacións para comezar farano en espazos ventilados, con desinfección previa e posterior á impartición da clase, toma de temperatura previa aos alumnos e docentes, xel hidroalcohólico, máscaras e luvas a disposición.
Son tempos difíciles pero a formación é fundamental para o desenvolvemento das persoas atendidas no recurso polo que facemos a opción de volver retomar con ilusión (pero con precaución) as clases na nosa entidade.
Moito ánimo a todos e todas!
Comentarios