top of page
Writer's pictureCatequesis San Francisco

Sendeirismo franciscano do sábado 29 de abril

O sábado pasado, atopámonos preto de 100 persoas de todas as idades, provenientes de Vigo e da Coruña para realizar o noso encontro anual de sendeirismo.


Acompañáronnos os encargados da catequese das distintas parroquias. Logo de estar suspendido por mor da pandemia, volvemos camiñar todos xuntos.


Percorremos os carreiros desde o Mosteiro de Carboeiro ata Fervenzado Toxa, da man dos Scouts Tau que se fixeron cargo do trazado do roteiro e, acompañáronnos todo o camiño.


Foi un percorrido de case 6 km, que acabou nun fermoso merendero onde puidemos gozar dunha comida ao aire libre.


A finalidade e obxectivos da camiñada eran: recuperar a Fraternidade, convivir e crear comunidade.






GRAZAS POR FACER POSIBLE A FRATERNIDADE E A COMUNIDADE



Comments


bottom of page