Este ano novamente o Albergue Xoán XXIII percibiu a axuda de subvencións que nos permiten continuar como entidade promovendo a Inclusión Social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.
Contar con estes cofinanciamentos axúdanos a afrontar unhas necesidades de investimento que nos eran necesarias cubrir para poder levar a cabo o labor que mantemos coa maior seguridade e calidade posibles.
En concreto puidemos:
Poñer dous microondas industriais
Colocar unha TV plasma
Expresamos o noso agradecemento á Deputación da Coruña polo seu apoio no mantemento do noso labor.
Comments