• Centro C-S Juan XXIII

CAMPAÑA DE NADAL 2020



Este ano especificamos tres “liñas de axuda”, que queremos presentarvos esperando vosa xenerosa colaboración, son as seguintes:


• Estamos a ter unha alta demanda de produtos de hixiene persoal, sobre todo coitelas, desodorizante en spray (non rolón), xel de ducha, champú, papel hixiénico; ademais doutros produtos de limpeza, de modo especial lixivia e deterxente de lavadora. Todos eles son para o seu uso entre os usuarios do Albergue, pero tamén para familias que nolos solicitan.


• Están a incrementarse, ademais, as necesidades permanentes de alimentos de todo tipo… Moi especialmente son necesarios: aceite de xirasol, patacas, azucre, fariña, spaghettis, café e cacao en po para almorzos...


Poden entregar estes elementos nas instalacións do Centro de luns a venres de 10 a 13 h e de 16 a 20 h; as fins de semana e festivos de 18 a 20 h.



(Importante: NON traer roupa. Neste momento non temos lugar suficiente para gardala, máis adiante realizaremos unha campaña para indumentaria)



• Por outra banda, son moitos os usuarios do noso Albergue que nos expoñen a imposibilidade de poder pagar o prezo de 1 € ao día que supón acudir á Cociña Económica para a comida e a cea… Sexa como for, todo o que recademos irá a un “Fondo solidario de alimentación”, no que recibiremos tamén todas as axudas económicas dedicadas a subvencionar esas comidas (e que nós administrariamos en contacto directo coa Cociña Económica)


• Outra necesidade que se está expondo cada vez con máis frecuencia por parte das familias ás que prestamos asistencia, é a axuda para o pago de alugueiros (algunhas destas familias ven ameazadas de desafiuzamento por falta de pagamento). Con tal motivo, decidimos crear un “Fondo-Casa” dedicado integramente a este fin.



Evidentemente, serían moitas máis as necesidades que se nos expoñen por parte dos nosos usuarios, pero decidimos centralizar nestas catro liñas as axudas que queremos desenvolver, xa non só para o Nadal, senón pensando tamén nos meses vindeiros, que se antollan especialmente complexos, dada a situación.



Desde o Centro Social-Cultural Xoán XXIII agradecémoslles de antemán a súa colaboración.