• Clara Baliñas Vidal

Cineforum e mañán de xogos


Esta mañán variamos a nosa rutina. Lobecas, lobecos e rangers ocupamos a aula de audiovisuais e fixemos un cineforum da película do Libro de la Selva de Disney. Na película vimos como Mowgli foi medrando e aprendendo a desenvolverse na selva ata chegar á aldea dos humanos vencendo ás dificultades que se lle presentaron no seu camiño.

No Salón dos Espellos, as pólas de rotas e pioneiros organizaron unha timba de xogos de mesa para tecer lazos xogando en equipo e pasalo ben xuntas. Abaixo deixámosvos unha serie de fotos do día.


Boa caza e longas lúas!!





3 vistas