Curso de manualidades de encadernación

Do 26 de abril ao 30 de maio tivo lugar un curso de 20 h de Manualidades de Encadernación no cal os nosos usuarios puideron aprender técnicas de cosido, decoración e pegado de utensilios diferentes empregando a arte da encadernación.


Un modo único e diferente de aprender manualidades utilizando técnicas aplicables noutras contornas, como é a encadernación e que permiten crear obxectos únicos.


Este curso foi posible, un ano máis, grazas ao apoio da Provincia Franciscana.