• Centro C-S Juan XXIII

CURSO XESTIÓN DE PISOS E LIMPEZA EN ALOXAMENTOS 2019

Desde o próximo, 06 de maio e ata o 20 de xuño, terá lugar nas instalacións do centro Xoán XXIII a impartición do curso de Xestión de Pisos e Limpeza en Aloxamentos, cunha duración de 120 horas e un horario de Luns a Venres de 10:00 a 14:00 horas. No cal un grupo de 15 alumnos profundará nun programa formativo.

A finalidade principal é facilitar a integración socio-laboral a estas persoas en proceso de exclusión ou con fortes dificultades de acceso ao mercado laboral ou que se atopan en precariedade laboral, a través dunha intervención integral de emprego e complementaria con outros recursos de apoio social.

Para iso primeiro daráselles un módulo introductorio á área de traballo, no que verán aspectos fundamentais do persoal de Xestión de Pisos e Limpeza en Aloxamentos, as relacións interdepartamentlaes e os utensilios e produtos necesarios para o correcto desempeño do seu traballo.

Posteriormente profundarán no modo de realizar a limpeza e o mantemento de superficies, mobiliario, elementos complementarios e accesorios; cos contidos que tocan desde os momentos idóneos para realizar a limpeza, o equipamento xeral das habitacións, a realización da limpeza de xanelas, cristais, persianas, paredes, chans, mobiliario e baños…

Terán un módulo único no que verán as camas e a forma de facelas e outro en que aprenderán a calidade no servizo e a atención ao cliente, para concluír co persoal dentro do comedor, aspecto que cada vez é máis necesario controlar para diferenciar o perfil á hora de presentarse a ofertas de traballo relacionadas.

Dita formación vai impartida dentro dos itinerarios de inserción socio-laboral subvencionados pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.