• monicabellohuidobr

Sábado 17 de outubro

Ola a tod@s!! Unha semana máis vimos compartir o que fixeron @s Scouts este sábado. Ademáis a actividade deste sábado foi moi especial.

Dende o Kraal do grupo quixemos facer unha actividade distinta para dar comezo de forma oficial e divertida esta nova xeira que se presenta, por isto fixemos unha Escape Room!! Nesta Escape @s nos@s Scouts tiñan que atopar o que lles roubaron os "Anti-Taus", para isto tiveron que traballar en equipo por polas e poñerse en contacto coas demáis polas para que tamén lles axudasen a resolver algunhas probas. Deixamos por aquí un vídeo resume da actividade e un par de fotos



E o día non rematou aquí xa que pola tarde, pioneiras e rotas quedaron a comer e participaron na Jota Joti para coñecer Scouts de todo o mundo


Vémonos o próximo sábado!!