Necesitamos a vosa axuda

Desde o Albergue Xoán XXIII pedímosvos a vosa colaboración.


Para nós vosas doazóns son fundamentais para manter esta engrenaxe en marcha e os nosos servizos funcionando.


Sempre estamos abertos a recibir o que traedes: alimentos, produtos de limpeza e hixiene, útiles da casa, roupa…


Actualmente temos moita falta de doazóns de todo tipo pero sobre todo viríannos ben facer provisión de roupa de home e de CAMISETAS (de vestir, sen pescozo, de manga curta e/ou longa) e SUDADERAS!!


Por favor, sempre lembrade: doade aquilo que vós poderiades seguir usando… sede conscientes das deterioracións.


Podedes traer as vosas doazóns de LUNS a VENRES de 09.30 h a 13.00 h. e de 18.00 h a 20.00 h accedendo pola RUA DÚAS CASTIÑEIROS, S/n.


Grazas por formar parte activa e facer por cambiar as cousas desde a vosa realidade!