• Centro C-S Juan XXIII

Programas subvencionados polo FEDER

O programa Operativo FEDER (que son as siglas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) Galicia 2014-2020, son unhas axudas que outorga a Unión Europea para cofinanciar aqueles investimentos que precisamos como entidade para promover a Inclusión Social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.



Este ano apóiannos subvencionando en parte o funcionamento do Albergue, os servizos de atención ás necesidades básicas e este ano tamén nos apoian na realización de itinerarios de inclusión básica e de inclusión e transición ao emprego.


O noso agradecemento á Unión Europea na súa cofinanciación por medio do programa Operativo FEDER Galicia (2014-2020) para promover a Igualdade, a saúde e a inclusión social.