• Centro C-S Juan XXIII

Que é o programa operativo FEDER Galicia 2014-2020



O programa Operativo FEDER (que son as siglas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) Galicia 2014-2020, son unhas axudas que outorga a Unión Europea para cofinanciar aqueles investimentos que precisamos como entidade para promover a Inclusión Social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.


A súa prioridade é dar investimento en Infraestruturas Sociais e Sanitarias que contribúan ao desenvolvimiento nacional, rexional e local e reduzan as desigualdades sanitarias, fomentando a inclusión socialmediante unha mellora ao acceso dos servizos sociais, culturais e recreativos, así como a transición dos servizos institucionais aos servizos locais.


Contar con esta cofinanciación axúdanos a afrontar unhas necesidades que tiñamos que nos eran necesarias para poder levar a cabo o labor que mantemos.

Para iso solicitamos a axuda para un programa informático; a adquisición de equipamento (en concreto un centro de repasado e un carro lencero) e un servidor, dous equipos informáticos e unha impresora que permitise nosa maior eficacia e adecuación óptima para o trato da documentación que a diario manexamos.


O noso agradecemento á Unión Europea na súa cofinanciación por medio do programa Operativo FEDER Galicia (2014-2020) para promover a Igualdade, a saúde e a inclusión social.