• Centro C-S Juan XXIII

RETOMAMOS A FORMACIÓN CON TODAS AS PRECAUCIÓNS ANTE O COVID-19

Tras a situación vivida o Centro Cultural Social Xoán XXIII arrinca de novo as súas ofertas formativas con todas as garantías para evitar  contagios e preservar aos seus alumnos do COVID-19.


Por esta causa as formacións para comezar farano en espazos  ventilados, con desinfección previa e posterior á impartición da clase, toma de temperatura previa aos alumnos e docentes, xel  hidroalcohólico, máscaras e luvas a disposición.


Son tempos difíciles pero a formación é fundamental para o desenvolvemento das persoas atendidas no recurso polo que facemos a opción de volver retomar con ilusión (pero con precaución) as clases na nosa entidade.


Moito ánimo a todos e todas!