• monicabellohuidobr

Sábado 3 de outubro

O pasado sábado comezamos as actividades presenciais desta nova xeira.


Os lobecos e as lobecas fixeron un bingo de presentación para coñecerse mejor entre eles e sobre todo aos novos e para rematar estuvieron facendo distintos xogos.



Os e as rangers xogaron á nosa famosa "Oca Scout" para pasar un no rato e tamén repasar os conceptos aprendidos o ano pasado e tamén introducir aos rangers que acaban de pasar de pola.



En pioneiros comezaron coa introducción á dinámica da pola para as de primeiro ano e tamén comezaron a planificar o trimestre.



E para finalizar, os rotas, aos de primeiro ano se lles explicou en qué consiste esta nova etapa e comezaron a estructurar a constitución da súa comunidade e escolleron animadores de pola.



Se queres apuntarte as nosas actividades podes contactar connosco a través do noso correo: tau@scoutsgalicia.org

Instagram: @scoutstau

Teléfono: +34 671873423