Campamentos de verán
Aquí atoparás toda a información relacionada cos campamentos organizados pola Igrexa de San Francisco.
Este ano a aventura continúa! Así, esperamos contar con todos en Herbón.


Lugar: Convento Franciscano de Herbón-Padrón (Coruña)
Director do campamento: P. Miguel de la Mata.
Os monitores son monitores titulados e en prácticas da Catequese de Santiago , do Grupo Scout "Tau"
e a Escola de Tempo Libre "Ana Mogas" .
Data: do 23 ao 30 de xullo de 2023
DESTINATARIOS: Infantil-xuvenil de 6 a 18 anos.
Prezo: 195 € (Se alguén ten algún problema para poder pagar o prezo abonda con comunicalo no momento da inscrición. Ninguén debe deixar de asistir por motivos económicos!!). Os grupos de irmáns teñen descontos especiais.
Actividades: Obradoiros culturais e manuais, actividades deportivas, técnicas ao aire libre, xogos de campo e praia, etc...
PRAZO DE INSCRICIÓN: 15 DE XULLO ou cando se cubran as prazas. (AS PRAZAS CUBRIRANSE POR ESTRICTA ORDE DE INSCRICIÓN)
PARA MÁIS INFORMACIÓN PODES DIRIXERSE A Miguel de la Mata Merayo: 676356042
NA TÚA MOCHILA NON ESQUEZADES POÑER:
Tarxeta sanitaria, saco de durmir, material de limpeza, toallas, bañador, GORRO DE DUCHA, roupa e calzado apto para actividades ao aire libre, chuvasqueiro, lanterna e todo o que recomande a experiencia... E..., desexando pasalo ben! !…


Campamento Tau Scout
Un ano máis preparámonos para o campamento de verán.
O campamento desenvolverase nas instalacións (a confirmar) (fecha a confirmar) todos xuntos, cun prezo variable en función de que o neno estea empadroado. no grupo, que neste caso o custo da actividade será de 130 € ; mentres que se o neno non está empadroado no grupo, o custo da actividade será de 150 € .
Como novidade este ano, volveremos á tradicional acampada, na que os nenos e nenas durmirán nunha tenda de campaña.
Ademais, xunto con esta carta axúntase os seguintes documentos:
• Folla de inscrición para o campamento.
• Tarxeta sanitaria.
• Declaración responsable.
Pedímosche que leas todos os documentos con atención, e estamos á túa disposición para resolver calquera dúbida que teñas.
Coma sempre, lembrámosvos que non queremos que os cartos sexan un problema para que as vosas fillas e fillos participen no campamento, polo que se tedes dificultades para pagalo pódevos en contacto connosco canto antes.
Agardámosvos a todos e vémonos alí! Un saúdo coa man esquerda!

