Inscricións abertas! Campamento Intercatequesis San Francisco
Atópanse abertas as inscricións ao noso campamento de verán! Os nosos campamentos desenvólvense cunha temática sorpresa que cambia todos...
Benvidos á páxina oficial da Igrexa Conventual de San Francisco, na cidade de Santiago de Compostela.
Gustaríache participar da nosa catequese virtual?
Agora podes! (desde calquera parte do mundo)
Todos os domingos ás 12 horas (de outubro a xuño) poderase gozar da misa do catecismo.
A túa axuda permítenos manter a catequese virtual para todos os nenos que queiran participar, crear materiais e cursos.
O Convento de San Francisco de Valdediós foi fundado por San Francisco de Asís na súa visita a Santiago de Compostela en 1214, no lugar de Val de Deus. O terreo foi comprado aos monxes de San Martiño Pinario pola simbólica renda anual dunha cesta de troitas. A fundación, envolvida en lendas, está descrita nunha inscrición no muro do actual convento. Dise alí que San Francisco encargou a súa construción a un carboeiro chamado Cotolay, que atopou milagrosamente un tesouro co que puido custear esta obra.
Do edificio orixinal só se conservan cinco arcos góticos no claustro e o sepulcro de Cotolay. O actual templo barroco construíuse entre 1742 e 1749 e é de gran simplicidade e pureza formal. Posteriormente unha reforma neoclásica retocou a fachada, que conta cunha imaxe de San Francisco realizada polo escultor Ferreiro.
No atrio destaca o Monumento a San Francisco, concibido como un xigantesco cruceiro polo escultor Francisco Asorey.
O claustro do convento é de principios do século XVII e atribúese a Xácome Fernández.
O Museo de Terra Santa, vinculado a este convento, garda obxectos referentes aos Santos Lugares, así como outros da tradición peregrina.