top of page

Escola de Tempo Libre Ana Mogas

Criterios e requisitos previos de selección

  • Por principio, o curso de primeiro nivel ten como destinatarios aos voluntarios que colaboran habitualmente coas actividades xuvenís vinculadas ao "Centro Cultural-Social Xoán XXIII" e que cumpriron a maioría de idade e teñen finalizada a ESO. Con todo, o curso anúnciase na páxina web do Centro, de modo que poden inscribirse nel todas as persoas que, cumprindo os requisitos, así o desexen.​

  • Tamén adoitan participar os responsables do "Grupo Scout  Tau" vinculado igualmente ao Centro Cultural-Social Xoán XXIII e ao Movemento Scout Católico, pero, igualmente, están abertos a todos os interesados en incrementar a súa formación no ámbito das  actvidades de tempo libre.​

  • Os cursos de formación permanente van destinados especialmente aos Monitores e Directores xa titulados vinculados ao Centro Cultural-Social Xoán XXIII e ao Movemento Scout Católico, pero, igualmente, están abertos a todos os interesados en incrementar a súa formación no ámbito das actividades de tempo libre.

klipartz.com (7).png
bottom of page