Inscricións abertas! Campamento Intercatequesis San Francisco
Atópanse abertas as inscricións ao noso campamento de verán! Os nosos campamentos desenvólvense cunha temática sorpresa que cambia todos...
Somos un espacio educativo no que pretendemos que os nenos e nenas aprendan os valores da Lei Scout e fagan un compromiso con esta Lei, a través da promesa Scout. A maiores, a través da acción e do xogo, os Scouts irán deseñando e creando o seu propio desenvolvemento educativo. Queremos que sexan os protagonistas do seu propio progreso e crecemento, e por iso lles axudamos a tomar responsabilidades e a facer compromisos a distintos niveis: persoal, social e no seu propio camiño da Fe.
Por outro lado e como amosa o noso logo, queremos concretar que a nosa espiritualidade é Franciscana, que fai especial fincapé na austeridade, a sencillez e o amor á natureza. Volvendo a falar do grupo, queremos que éste sexa un espacio de convivencia para todos os que queiran vivir esta experiencia de xogo, de vivir na natureza, de ser todos irmáns e de seguir a Xesús. Para isto, contamos coa axuda do Método Scout, que se vén actualizando e mellorando desde fai un século, coa axuda do Kraal, que está composto polos responsables do grupo, dos pais e nais, do Consiliario… e especialmente coa axuda dos nenos e nenas que libremente queren vivir esta gran aventura que é o Escutismo.