Benvidos Peregrinos!

Este espazo atópase dedicado aos peregrinos que visitan a cidade de Santiago de Compostela e a nosa Igrexa de San Francisco.

Saúdo da misa do domingo

Benvidos a todos e moi especialmente a aqueles que nos vistan desde as de diferentes partes de España e do mundo, que viñeron a Santiago como peregrinos. A igrexa local de Santiago de Compostela dálles a benvida nesta, a nosa celebración de catequese, na Igrexa de San Francisco. A todos vostedes, diriximos o saúdo franciscano: Paz e ben. Xunto a nós, que se enchan de paz e ben celebrando a Eucaristía para alcanzar a meta do Camiño.

Sunday mass greeting

Welcome to all and very especially welcome those from different parts of Spain and the world, that have come to Santiago as pilgrims. The local church of Santiago de Compostela welcomes you in this our celebration of catechesis in the Church of San Francisco. To all of you, we address the Franciscan greeting: Peace and good. With us, may you be filled with that peace and good by celebrating the Eucharist to achieve the goal of the Camino.

Descarga o noso  cancionero, para acompañar a noso o coro na misa do día domingo (12 hs)

 

Misa do Peregrino

A Catedral de Santiago é un santuario aberto todos os días do ano (09.00 h a 19.00 h).

Debido a obras de restauración no interior da Catedral, as misas trasládanse a outras igrexas da cidade:

Igrexa de San Francisco: Misa diaria do Peregrino, ás 12:00 h

–Igrexa de Santa María Salomé:

     De luns a venres – 7:30  h, 9:00  h, 10:00  h, 19:00  h

     Sábados: 7:30  h, 9:00  h, 10:00  h, 18:00  h, 19:00  h

     Domingos: 7:30  h, 9:00  h, 10:00  h, 13:00  h, 18:00  h, 19:00  h

–Parroquia da Corticela: Todos os días – 11:00  h

Acceder á páxina oficial da Catedral de Santiago

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black Twitter Icon