top of page

Comeza o servizo de itinerarios 2016/17



Arrincamos a atención a través dos Itinerarios de Inclusión Socilaboral con Acompañamento, desde o 01 de Abril do 2016 e ata o 31 de Marzo do 2017 poderán solicitar a súa participación neles directamente desde a oficina da Traballadora Social situada nas mesmas instalacións do Albergue Xoán XXIII, na Rúa Castiñeiros de Santiago de Compostela.


Esta atención comprenderá tanto actuacións coa persoa usuaria, como a valoración social individual co deseño dun itinerario, seguimento, revisión dos obxectivos ou actuacións, medidas de acompañamento, accións de mellora de habilidades sociais básicas, procura activa de emprego ou orientación social e laboral, como aqueloutras actuacións para as que non se precisa a presenza da persoa pero que son necesarias para a consecución dos obxectivos do seu proxecto de inclusión, tales como a prospección do mercado laboral, a intermediación laboral activa e/ou a coordinación con outros dispositivos ou recursos que ofrece o Sistema galego de Servizos Sociais.


Inclúense neste punto aquelas actuacións dirixidas a informar, orientar e asesorar en materia de consumo aos participantes para que poidan exercer correctamente os seus dereitos e xestionar os seus recursos de maneira eficiente.


Non o dubides e oriéntache!

1 view0 comments
bottom of page