Desde o Centro Cultural-Social Xoán XXIII e o Albergue Xoán XXIII queremos agradecer a toda a comunidade de Santiago de Compostela e arredores polas contribucións recibidas esta semana.
Cada semana, daremos prioridade a certos produtos básicos necesarios, que echamos en falta. Esta semana tocou solicitar galetas básicas e leite. Grazas á exposición en redes e cadeas de axuda, recibimos doazóns para poder continuar a nosa labor.
Máis de 70 familias en estado vulnerable reciben a nosa asistencia cada semana, así como os usuarios do Albergue, que dependen de nosoutros todos os días da semana.
Esta semana que comeza, solicitamos a axuda da comunidade, para recibir xel de ducha (podes traer calquera cantidade, non hai mínimos). Este produto é para o uso de duchas dos usuarios do Albergue Xoán XXIII.
Este tipo de produtos son esenciais para o correcto funcionamento e servizos que damos no Albergue.
Quero axudar:
Datos para realizar unha doazón:
Nº de conta: ES67-2080-0316 -2430-4001-0583
Entidade: ABANCA
Titular: CENTRO CULTURAL SOCIAL JUÁN XXIII - G-15041593
Ou tamén podes realizar a doazón usando PayPal
Esperamos contar con vostede axuda... ¡Non esquecemos subscribirte ao noso blog para contar con todas as novidades da nosa comunidade!
Tamén contamos cunha app pensada para vosa comodidade, ¡síguenos!