top of page

Damos grazas á comunidade

Desde o Centro Cultural-Social Xoán XXIII e o Albergue Xoán XXIII queremos agradecer a toda a comunidade de Santiago de Compostela e arredores polas contribucións recibidas esta semana.


Cada semana, daremos prioridade a certos produtos básicos necesarios, que echamos en falta. Esta semana tocou solicitar galetas básicas e leite. Grazas á exposición en redes e cadeas de axuda, recibimos doazóns para poder continuar a nosa labor.


Máis de 50 familias en estado vulnerable reciben a nosa asistencia cada semana, así como os usuarios do Albergue, que dependen de nosoutros todos os días da semana.


Esta semana que comeza, solicitamos a axuda da comunidade para poder recibir pastas (spaghetti, macarrones, espirais, etc.).




Estes alimentos básicos son esenciais para poder elaborar as comidas que reciben os usuarios do Albergue, tanto pernoitantes como transitorios.




Quero axudar:


Datos para realizar unha doazón:

Nº de conta: ES67-2080-0316 -2430-4001-0583

Entidade: ABANCA

Titular: CENTRO CULTURAL SOCIAL JUÁN XXIII - G-15041593


Ou tamén podes realizar a doazón usando PayPal


Esperamos contar con vostede axuda... ¡Non esquecemos subscribirte ao noso blog para contar con todas as novidades da nosa comunidade!


Tamén contamos cunha app pensada para vosa comodidade, ¡síguenos!


0 views0 comments
bottom of page