Desde o Centro Cultural-Social Xoán XXIII e o Albergue Xoán XXIII queremos agradecer a toda a comunidade de Santiago de Compostela e arredores polas contribucións recibidas esta semana.
Cada semana, daremos prioridade a certos produtos básicos necesarios, que echamos en falta. Esta semana tocou solicitar tomate frito. Grazas á exposición en redes e cadeas de axuda, recibimos doazóns para poder continuar a nosa labor.
No mes de marzo, 160 familias en estado vulnerable recibiron a nosa asistencia con alimentos "frescos". Súmaselle a esta tarefa, a atención dos usuarios do Albergue, que dependen de nós todos os días da semana e estamos coas habitacións á súa máxima capacidade.
Esta semana que comeza, solicitamos a axuda da comunidade para poder recibir leite (podes traer calquera cantidade, non hai mínimos).
Estes alimentos básicos son esenciais para poder elaborar as comidas que reciben os usuarios do Albergue, tanto pernoitantes como transitorios.
Quero axudar:
Datos para realizar unha doazón:
Nº de conta: ES67-2080-0316 -2430-4001-0583
Entidade: ABANCA
Titular: CENTRO CULTURAL SOCIAL JUÁN XXIII - G-15041593
Ou tamén podes realizar a doazón usando PayPal
Esperamos contar con vostede axuda... ¡Non esquecemos subscribirte ao noso blog para contar con todas as novidades da nosa comunidade!
Tamén contamos cunha app pensada para vosa comodidade, ¡síguenos!
Comments