
Grupo Scout Tau
Campamento Tau Scout
Un ano máis preparámonos para o campamento de verán.
O campamento desenvolverase nas instalacións da Aldea Rural de O Busto, situada en A Pobra do Brollón, na provincia de Lugo, do 12 ao 21 de xullo (ambos inclusive) todos xuntos, cun prezo variable en función de se o neno está censado no grupo, que neste caso o custo da actividade será de 130€; mentres que se o neno non está censado no grupo, o custo da actividade será de 150€.
Como novidade este ano, volvemos ás acampadas tradicionais na que os nenos e nenas durmirán en tendas de campaña.
Ademais, xunto con esta carta achegámosvos os seguintes documentos:
• Folla de inscrición ao campamento.
• Ficha sanitaria.
• Declaración responsable.
Pedímosvos que leades todos os documentos con atención, e poñémonos á vosa disposición para resolver calquera dúbida que poidades ter.
Coma sempre, lembrámosvos que non queremos que os cartos sexan un problema para que as vosas fillas e fillos participen no campamento, polo que si existisen dificultades para pagalo, por favor poñédevos en contacto con nós o antes posible.
Esperámosvos a tod@s e vémonos alí! Un saúdo coa zurda!

Imos comezar!
-Data de inicio: sábado 9 de outubro
-Horario: Sábados de 11 a 13 horas, tamén haberá actividades concretas que detallaremos data e hora no momento.
-Vestimenta: roupa cómoda, sen limitación
-Custo anual: uns 55€ anuais (as persoas que non poden pagar poden solicitar unha bolsa)