top of page

Inscricións abertas! Campamento Intercatequesis San Francisco

Atópanse abertas as inscricións ao noso campamento de verán!


Os nosos campamentos desenvólvense cunha temática sorpresa que cambia todos os anos. Así, cada día, as actividades que realizamos durante todo o campamento están relacionadas co tema especial do ano.



Están convidados a participar todos os nenos e mozos desde os 6 aos 18 anos.


Director do Campamento: Fr. Miguel da Mata.

Os monitores son monitores titulados e en prácticas das Catequeses de Santiago, do Grupo Scout "Tau" e da Escola de Tempo Libre "Ana Mogas“.


Actividades: Talleres culturais e manuais, actividades deportivas, técnicas de aire libre, xogos de campo e praia, etc…


O campamento desenvólvese no Convento Franciscano de Herbón-Padrón ( A Coruña).


Data: 23 ao 30 de xullo


(Unha vez que che inscribas recibirás un correo de confirmación dentro das 24h hábiles)


DATA TOPE DE INSCRICIÓN: 15 DE JULIO ou cando se completen as prazas. (As PRAZAS SERÁN CUBERTAS POR RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN)


Prezo: 195 € (Se alguén tivese algún problema para poder sufragar o prezo, basta comunicalo no momento da inscrición. Que ninguén deixe de asistir por motivos económicos!!). Os grupos de irmáns teñen descontos especiais.




Recent Posts

See All
bottom of page