top of page
Foto del escritorCatequesis San Francisco

Compromiso coa paz

O pasado sábado día 26 de outubro compartimos todos xuntos un mesmo camiño en prol da paz. Esta acción denominada "Marcha pola Paz" foi impulsada polas distintas comunidades franciscanas de Galicia (Ponteareas, Vigo, A Coruña e Santiago) e organizada polo Grupo Scout Tau que tamén participarou dela.

Nesta foto aparecen parte do grupo de rapaces e rapazas que foron guiando á todas as persoas que participaron da actividade. As súas idades están comprendidas entre os 11 e os 17 anos.


Foi unha xornada na que traballamos o noso compromiso franciscano e scout coa paz orando, camiñando, cantando e, sobretodo, dando a ver que, xunto con todas as participantes, non estamos á marxe das inxustas violencias que asedian o mundo a día de hoxe: a violencia contra as mulleres, as persoas migrantes, víctimas de guerras ou represión...

5 visualizaciones
bottom of page