top of page

Actividade 02/02/2019

Benvid@s a tod@s a unha nova publicación do noso blog na que repasaremos todo o que fixeron @s nos@s rapaces/zas o primiero sábado de febreiro:

  • Neste día, os membros da póla dos lobecos tiveron unha sesión musical na que, axúndandose uns aos outros, aprenderon dúas cancións moi empregadas nas reunións ou acampadas cos diferentes grupos Scouts de Santiago: o Onda Ti e o Adeus Scout.



  • Por outro lado, @s rangers do grupo seguiron decidindo todos os detalles acerca da súa aventura para que esta saia o mellor posible.



  • Continuando co noso repaso, @s pioneir@s tiveron unha sesión audiovisual na que visualizaron a representación teatral do musical que van realizar eles/as mesm@s acerca da vida do patrón da póla dos lobecos; que non é outro que San Francisco, que ademais dá nome á nosa parroquia.

  • Por último, na póla de rotas estiveron realizando tareas de xestión das súas diferentes actividades así como cuestións de loxística para mellorar distintos aspectos do noso grupo.



Isto foi todo polo momento e esperámosvos a tod@s para a seguinte publicación! Unha aperta e SEMPRE LISTOS!


Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social. #Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

6 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page