top of page

DÍA DO PENSAMENTO SCOUT (23/02/2019)

Boas a tod@s de novo para repasar unha semana máis o que fixeron @s nos@s scouts fai dous fins de semana. Neste día, tivemos unha actividade moi especial: celebramos o día do Pensamento Scout, que celébrase o 22 de febreiro de todos anos xa que foi a data na que naceu Robert Baden-Powell, o fundador do noso movemento.


Polo tanto, dado a importancia da ocasión, celebramos este día xunto aos nosos comapñeiros dos outros grupos scouts de Santiago de Compostela: o grupo Scout Khanhiwara (membro tamén de MSC) e o grupo Scout Chan (membro de ASDE). Desta maneira, comezamos o encontro facendo xogos todos xuntos para despois realizar diferentes actividades por pólas.


Por último, despedímonos dando grazas polos momentos compartidos e entonando o adeus scout, canción empregada para estes momentos de despedida. Un remate digno a unha actividade realizada nunha data tan importante para o noso movemento!




Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social. #Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

1 visualización0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page