"As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro" e así foi. O pasado sábado 9 de novembro celebramos en familia o magosto. Esta tradición galega reuníu as distintas persoas que conformamos o Grupo Scout Tau: a 28 scouts de 7 a 17 anos, pais e nais de todos eles e ó Kraal. Vimos como os nosos primeiros lobecos, xa como rotas, axudaban a organizar xogos; pioneiros e rangers cociñaron para todas as persoas que participamos e os lobecos e lobecas xulgaron sabiamente estes postres. Debaixo, adxuntamos unha foto dos postres que cociñaron nas pólas de rangers e pioneiroas e outra do noso exquisito xurado.
Boa caza e longas lúas!!